Wednesday, August 24, 2011

Portugal: CANJAZZ: Matt Vorzimer & Canjazz Unity Band

Xoves 25 de Agosto ás 22:30h no Eirado do Costal

Logan Richardson (saxo alto)
Nuno Ferreira (guitarra)
Paco Charlín (contrabaixo)
Matt Vorzimer (batería)
O concerto estelar desta decimocuarta edición do Festival Internacional de Jazz de Cangas reune a catro grandes músicos de diferentes latitudes nun concerto único. O batería  e compositor neoiorquino Matt Vorzimer destaca pola súa versatilidade e o achegamento do jazz a diferentes correntes musicais coma son o house, o rap ou o pop máis actual. Neste concerto estará acompañado polo tamén neoiorquino Logan Richardson (saxo alto) o lisboeta Nuno Ferreira (guitarra), e o galego Paco Charlín (contrabaixo).
 Logan Richardson está considerado por varias revistas especialiadas coma “JAZZ MAN”(Francia) ,“DOWN BEAT MAGAZINE”(Estados Unidos)  ou “SONIC MAGAZINE”(Alemania), como un dos dez  saxfonistas altos màis relevantes do momento. Estudou na “Berklee College of Music “ de Boston e na “New School University” de Nova Iorke ten gravado e actuado con artistas coma Joe Chambers, Nasheet Waits,  Greg Tardy,  Carl Allen ou Jason Moran entre outros. Coma líder xa conta con dous traballos discográficos coma son “ETHOS” (Inner Circle Music) e “CEREBRAL FLOW” (Fresh Sound-New Talent-).

 Nuno Ferreira inicia os estudos de música na escola de jazz do Hot Clube de Portugal (HCP), concluíndo en 1994. É convidado para participar no encontro anual da IASJ (International Association of Schools of Jazz) que ten lugar en Nova Iorque.
  En 1998 múdase para Nova Iorque, onde é bolseiro da ‘New School - Jazz and Contemporary Music Program’ completando a sua licenciatura en Maio de 2000. Alí estuda com Peter Bernstein, Kurt Rosenwinkel, Vic Juris, Garry Dial, Phil Markowitz, Gerard D’Angelo, George Garzone, Cecil Bridgewater e Reggie Workman. Acompaña tamén a artistas da talla de Jeff Watts, Donald Edwards, Dave Liebman, Roy Hargrove, Jesse Davis, Reuben Rogers, Doug Weiss e moitos outros.
 En Maio de 2000, ainda en Nova Iorque, grava o seu primeiro disco para a editora ‘Fresh Sound - New Talent’ no cual participan Albert Sanz, Kris Bauman, Alexis Cuadrado e Jochen Rueckert .